Aviso legal

PEPA LOBA, titular da  dirección tenda.pepaloba.org pon a disposición dxs usuarixs o presente documento co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (en diante LSSI-CE) entre outra normativa vixente, así como informar a todxs xs usuarixs das condicións de uso de tenda.pepaloba.org e a súa política de privacidade. Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuarix, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación.

PEPA LOBA resérvase o dereito a modificar calquera tipo de información que puidese aparecer en tenda.pepaloba.org sen que exista obriga de preavisar ou pór en coñecemento de xs usuarixs, entendéndose como suficiente coa publicación na web. A información que contén esta Web pode facilitarse a través de Internet ou outros medios.

PEPA LOBA non garante a privacidade das comunicacións realizadas polxs usuarixs en relación ou a través desta Web. Xs usuarixs desta Web afirman coñecer que as comunicacións transmitidas a través desta son públicas e non comunicacións de carácter privado.

PEPA LOBA non utiliza técnicas de spam e unicamente tratará os datos que x usuarix transmita mediante o formulario electrónico, o email ou o rexistro de usuarix habilitados neste sitio web.

Responsabilidade

A través desta Web, PEPA LOBA facilítalle acceso a unha variedade de produtos, incluíndo foros de comunicación e información sobre produtos e eventos.

PEPA LOBA non será responsable por danos que puidesen derivarse da imposibilidade de acceso ou continuidade dos Contidos desta Web, de defectos que xs usuarixs puidesen atopar ou producir como consecuencia do seu acceso á Web, da veracidade da súa información, e en particular, pero non en exclusiva, de imposibilidade de acceder á Web.

En ningún caso PEPA LOBA, xs seus/súas suministradorxs ou xs demais terceirxs mencionadxs neste sitio web serán responsables por danos de calquera tipo (incluíndo, entre outros, os danos resultantes de perdas de beneficios, perda de datos, virus, interrupción de negocio, danos que puidesen derivarse do incumprimento de dereitos de propiedade intelectual ou industrial, de segredos comerciais, de calquera compromisos contractuais, a honra, dereitos da persoa ou da vida privada, dereitos de propiedade ou calquera outros dereitos dun/dunha terceirx como consecuencia da transmisión, circulación, almacenamento, recepción, obtención ou acceso aos Contidos; actos de competencia desleal ou de publicidade ilícita como consecuencia da transmisión, circulación, almacenamento, recepción, obtención ou acceso aos Contidos; falta de veracidade, exactitude, pertinencia ou actualización dos Contidos; non utilidade para calquera propósitos ou fallo nas expectativas xeradas polos Contidos; incumprimento, atraso no cumprimento, cumprimento defectuoso ou terminación por calquera causa das obrigas e contratos asumidas por terceirxs, imposibilidade de uso ou dos resultados do uso da web, calquera sitio web conectado a este ou dos contidos ou información contida en calquera dos devanditos sitios web, xa estea baseada dita responsabilidade en garantía, contrato, culpa ou neglixencia, ou calquera outra teoría legal, e con independencia de que se tivera avisado ou non sobre a posibilidade de tales danos.

PEPA LOBA exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada na web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un/unha terceirx allex ao mesmo.

Dende tenda.pepaloba.org é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web, e dado que PEPA LOBA non pode controlar sempre os contidos introducidos polxs terceirxs nos seus sitios web, esta non asume ningún tipo de responsabilidade respecto dos devanditos contidos. No entanto, en cumprimento do disposto no art. 11 e 16 da LSSI-CE, PEPA LOBA ponse a disposición de todxs xs usuarixs, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de xeito activo na retirada, ou no seu caso, bloqueo, de todos aqueles contidos que puidesen afectar ou contravenir a lexislación nacional ou internacional, dereitos de terceirxs ou a moral e a orde pública.