Nós

Pepa Loba

Pepa Loba, Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista (Caixa Externa de Planificación Antisistema e Loita Base Anticapitalista -polas súas siglas en galego), é unha asociación sen ánimo de lucro nacida ao abeiro de ECOAR))), e conformada na súa totalidade por activistas de diversa índole e orixe.

Obxectivos

Pepa Loba é unha ferramenta de financiamento de carácter independente que xorde coa intención de sufragar os custos do desenvolvemento de actividades (campañas, iniciativas, proxectos) realizadas no ámbito da creación de alternativas e resposta social. Ao tempo, pretende facer fronte ás sancións e demais custos derivados dos mecanismos de represión e castigo do sistema.

A tenda

Os artigos dispoñibles na tenda de Pepa Loba foron pensados e elaborados atendendo aos valores e principios que defende a asociación, cun foco especial na creación de produtos críticos, comprometidos, creativos e sustentables.