1. SOBRE A TENDA

A tenda Pepa Loba é un espazo no que poderás descubrir e adquirir unha serie de artigos pensados, deseñados e elaborados por Pepa Loba, atendendo aos valores e principios que defende a asociación, cun foco especial na creación de produtos críticos, comprometidos, creativos e sustentables.

A tenda Pepa Loba supón unha ferramenta de financiamento para a asociación. Isto significa que cada vez que mercas algún dos nosos artigos a través da tenda permites a Pepa Loba seguir sufragando os custos do desenvolvemento de actividades (campañas, iniciativas, proxectos) realizadas no ámbito da creación de alternativas e resposta social, facendo fronte ao tempo ás sancións e demais custos derivados dos mecanismos de represión e castigo do sistema.

Ademais, os artigos da tenda web de Pepa Loba son producidos atendendo aos valores e principios que rexen a actividade da asociación (plural, críticx, comprometidx, creativx, emancipadorx, responsable); optamos, sempre que é posible, pola fabricación local; empregamos materiais preferentemente reciclados; e realizamos as nosas embalaxes atendendo a criterios básicos de sustentabilidade e responsabilidade.

O 100% dos beneficios que se obteñen da venda dos diferentes artigos empréganse en desenvolver proxectos e actuacións de de diverso tipo que nos fagan camiñar cara a un mundo máis xusto.



2. COMPRAS E PEDIDOS

Se tes calquera dúbida sobre algún dos nosos produtos, podes contactara connosco a través do formulario web ou enviándonos un mail a 13editora@13editora.org.

  1. Darte de alta na tenda web. Para iso, selecciona A miña conta no menú superior dereito, e preme a opción Crear unha conta. Enche o cuestionario que aparecerá cos teus datos (é imprescindible que aceptes os Termos e Condicións e a Política de privacidade) e preme Gardar. Terás xa creada a conta para poder facer os teus pedidos. As próximas veces que visites a tenda web de Pepa Loba, só terás que premer a opción Sign In no menú superior dereito, e introducir os teus datos de acceso. Cada vez que entres na túa conta terás acceso aos datos vencellados á mesma (enderezo de envío, historial de encomendas, abonos, etc.).
  2. Unha vez dentro da túa sesión, selecciona o produto ou produtos que queres adquirir no menú Tenda. Cada vez que selecciones un produto accederás a unha páxina con toda a información sobre o mesmo, dende a que poderás escoller o número de exemplares que queres mercar.
  3. Logo, preme o botón Engadir ao carro. Verás que se abre unha nova lapela cos datos da túa selección. Nese momento poderás indicar se queres Continuar mercando (nese caso, voltarás á tenda, onde poderás selecionar máis produtos), ou Proceder a finaliza-la compra. Neste último caso, abrirase unha nova páxina cos datos da túa compra na que deberás confirmar que queres Proceder a finaliza-la compra.
  4. Abrirase unha terceira páxina na que, ademais de completar os teus datos persoais, deberás confirmar o método de envío (e engadir as anotacións que consideres precisas) e o método de pago (aceptando os Termos do servizo).

A principal vantaxe do rexistro na tenda web de Pepa Loba é que non terás que introducir novamente os teus datos de contacto e pago cada vez que merques algún produto. Cando te rexistras, os teus datos quedan gardados, polo que simplemente entrando na túa conta poderás facer as compras de xeito máis rápido.

Claro! Podes cambiar os teus datos persoais en calquera momento accedendo á túa conta personal (https://tenda.pepaloba.org/gl/a-minha-conta), e modificando o que precises nos apartados de Información e Enderezos.

A tenda web de Pepa Loba conta cunha pasarela de pago que che permite facer as túas compras empregando os datos da túa tarxeta de crédito de xeito seguro.

Todos os pagos realizados no marco da tenda web de Pepa Loba son seguros. O proceso de compra realízase en servidores con conexión cifrada SSL (HTTPS), a través dunha pasarela de pago certificada por Redsys. Polo tanto, non gardamos os os datos bancarios dxs usuarixs.

Si. En caso de que precises unha factura, podes solicitala enviando un mail a 13editora@13editora.org, co asunto SOLICITUDE DE FACTURA (asegúrate de ter completado o cuestionario con todos os datos precisos).

A maiores, todos os envíos inclúen unha copia impresa do xustificante de compra.



3. ENVÍOS

Todos os produtos da tenda Pepa Loba son enviados a través de Correos.

Pepa Loba procede a realizar o envío de todos os produtos encargados polxs clientes unha vez por semana. Por este motivo, dependendo do día no que fagas o teu pedido, o prazo de entrega poderá ser maior ou menor. En calquera caso, o teu pedido chegará sempre nun prazo inferior aos 10 días, excepto causas alleas ao noso funcionamento.

Se queres saber o prezo dos gastos de envío da túa compra, simplemente tes que seleccionar o material ou materiais que desexes adquirir, e sumaranse de xeito automático. Aínda así para calquera cuestión referida a este punto, por favor, non dubides en contactar connosco escribindo a 13editora@13editora.org e solicitar información sobre as condicións específicas de envío.

En relación aos prazos de entrega, para envíos fóra do estado español son variables segundo o país.

Existen dúas posibilidades. En caso de que queiras devolver un artigo mercado a través da tenda web de Pepa Loba porque xa non tes interese nel ou porque non se axusta ao que precisas, poderás solicitar a recollida do mesmo nun prazo máximo de 48 horas dende o momento da súa recepción. Unha vez teñamos de volta o artigo, procederemos ao reembolso do seu importe. Neste caso, os gastos de devolución (reenvío) do produto correrán da túa conta.

En caso de que o artigo recibido se atope en mal estado no momento da súa recepción, poderás solicitar que o cambiemos por outro en bo estado. Así, terás 48 horas dende o momento da recepción do mesmo para solicitar o cambio, enviándonos un mail a 13editora@13editora.org co asunto SOLICITUDE DE CAMBIO DE ARTIGO, no que figuren os datos referidos ao mesmo e o motivo da solicitude de cambio. Neste caso, tanto os gastos de recollida como de envío do novo artigo correrán por conta de Pepa Loba.

Non esquezas revisar ben a túa compra antes de confirmar!

Se pasados dez días dende o momento da compra non recibiches o teu pedido, por favor, contacta connosco enviándonos un mail a 13editora@13editora.org, especificando no asunto ENVÍO ADIADO.

O importe final do teu envío calcularase de xeito automático durante o proceso de compra, en función do artigo ou artigos que escollas. O prezo de envío, por tanto, é variable.

A venda de produtos é unha importante fonte de financiamento para Pepa Loba. Así, permites que sigamos traballando de xeito independente na construción de alternativas e resposta social, facendo fronte ás sancións e demais custos derivados dos mecanismos de represión e punición do sistema, e actuando solidariamente con colectivos e persoas que non dispoñan dos medios necesarios, tanto de difusión como de financiamento, para poder levar ao cabo campañas que cubran eses eidos por si mesmxs.

Sufragando os gastos de envío, permites que o 100% do importe dos produtos que mercas sexa destinado a campañas, accións, proxectos e iniciativas centrados na construción dun sistema global baseado na xustiza, a ética e a dignidade.

Non, a non ser que nolo especifiques así no momento da compra.

O importe dos envíos depende do peso dos mesmos. Por ese motivo, existirá unha diferenza de prezo entre dous paquetes que inclúan un e tres libros, por exemplo. Nas compras de dous ou máis artigos, o importe final dos gastos de envío calcúlase sumando o importe individual de cada un dos artigos, en función do seu peso.

Unha vez feita a compra recibirás un código de seguimento facilitado por Correos co que poderás saber en cada momento onde se atopa o teu pedido.



4. PROTECCIÓN DE DATOS

Podes atopar todas as respostas sobre o tratamento dos teus datos (quen os xestiona, como se obteñen, cales son as medidas de seguridade empregadas, etc.) consultando a nosa Política de Privacidade.

Se tes calquera outra dúbida ou comentario, por favor, non dubides en contactar connosco a través do formulario web ou enviando un mail a 13editora@13editora.org.