• Novo
Sociedade en venda
  • Sociedade en venda
  • Sociedade en venda
  • Sociedade en venda

Sociedade en venda

14,00 €
IVE incluido

Sociedade en venda. Violencias corporativas e resistencias colectivas analiza os abusos e violencias exercidos polas grandes transnacionais e achega estratexias, ferramentas e alternativas para construír resistencias colectivas fronte ao poder corporativo.

Cantidade

As sociedades actuais medran absolutamente sometidas ás lóxicas de mercado que poñen no centro os beneficios das grandes transnacionais. No mundo que se abre paso no século XXI, as persoas e o planeta atópanse completamente sometidos ao goberno das corporacións que contan ademais coa connivencia dos estados e os seus organismos.

 A través das páxinas deste libro abórdase a análise das violencias e abusos cometidos polas grandes empresas transnacionais, ao tempo que se concretan estratexias, ferramentas e alternativas coas que poder construír resistencias colectivas que enfronten esa situación.

Esta obra é o peche dun proceso de construción colectiva impulsado por ECOAR))) a través do seu proxecto Ágora R que pretende dotar á cidadanía de ferramentas e recursos que lle permitan reflexionar sobre o seu papel como axente de cambio.

SEV
50 elementos:

Ficha Técnica

Idioma
Galego
Nº páxinas
173
Cor
Tapa
Branda
ISBN
978-84-120523-7-4

Referencias Específicas

ISBN
978-84-120523-7-4