Este manual é unha guía concibida para permitir xs lectorxs desenvolver as distintas fases de planificación, execución, avaliación e difusión de campañas e accións de carácter non-violento.
Os pedidos non se tramitarán durante o mes de agosto.
Envío máis barato con limitacións:
- Max. 2 Kg
- Recollida en oficina Correos
O Manual para Campañas Non-Violentas é unha obra escrita no ano 2010 pola Internacional de Resistentes á Guerra co obxectivo de achegar á cidadanía información tanto teórica como práctica sobre o exercicio da non-violencia activa como forma de loita. Este manual é unha guía concibida para permitir xs lectorxs desenvolver as distintas fases de planificación, execución, avaliación e difusión de campañas e accións de carácter non-violento.
Tanto as persoas e colectivos con experiencia no eido do activismo como aquelas que se achegan por primeira vez á non-violencia activa atoparán nas páxinas deste manual unha sólida base de coñecemento.