- Novo
Desobedecer, pequeno manual é un instrumento pensado para dotar de ferramentas ás persoas, organizacións e comunidades que busquen facer fronte aos abusos dos gobernos e transnacionais empregando a desobediencia civil.
As grandes corporacións son hoxe un látego que golpea de xeito constante calquera forma de vida que exista no planeta concibindo a este último como unha grande despensa da que servirse para obter rendementos económicos. As lóxicas do mercado baseadas no sometemento de calquera cuestión á idea de beneficio infinito conforman un mundo onde a emerxencia climática ou a violación de dereitos e liberdades son unha constante.
Desobedecer, pequeno manual é un instrumento cunha vocación eminentemente práctica escrito por Xavier Renou para poder construír novos camiños a través da desobediencia civil que permitan apoderar a todas aquelas persoas, organizacións e comunidades que busquen facer fronte aos abusos dos gobernos e as grandes corporacións.
A idea dunha sociedade organizada e soberana que se conciencie da súa enorme capacidade ao tempo que adquire novas formas de construción e resposta social configura o epicentro da presente obra. Desobedecer, pequeno manual aborda os elementos fundamentais para poder dotar ás persoas e comunidades dos instrumentos, o enfoque e o repertorio claves para poder levar ao cabo unha actuación baseada na desobediencia civil.
Ficha Técnica
Referencias Específicas